Da imaxinación ao pavillón

Na clase de Lingua Castelá e Literatura estivemos a traballar tamén o mundo do deporte pero, claro está, dende unha perspectiva literaria e imaxinativa.

WhatsApp Image 2019-04-14 at 20.15.18(2).jpeg    WhatsApp Image 2019-04-14 at 20.15.18(1).jpeg  WhatsApp Image 2019-04-14 at 20.15.18.jpeg

            Comezamos a actividade cunha presentación sobre os deportes fantásticos da literatura e escolleron catro: croquet con flamencos (Alicia en el País de las Maravillas), combates en gravidade cero (Los juegos de Ender), quidditch (Harry Potter y la piedra filosofal) e os xogos da fame (Los juegos del hambre), de forma que a clase quedou dividida en catro grupos de sete alumnos. A continuación leron fragmentos de textos onde se explican as regras e arbitraxes deses deportes e fixeron un mural con cada un deles. Por último fixeron unha actividade de creación na que cada grupo tiña que deseñar un deporte imaxinario. Imaxinaron tanto, que o resultado foi una serie de deportes absolutamente impracticables, pero moi imaxinativos: a natatación (unha especie de wáter-polo nunha piscina chea de nata), o ruglismo, consistente en bordear o cráter dun volcán en erupción cun monociclo, o futbriley, no que se mesturan varios deportes existentes como o fútbol e o balón prisioneiro e, por último, o deporte denominado Que te mojo no que, evidentemente, hai que mollarse.

            Para o resultado final da actividade utilizamos unas cartolinas con ilustracións e explicacións escritas á man e os murais da entrada do noso centro.

WhatsApp Image 2019-04-14 at 20.20.02(1).jpeg  WhatsApp Image 2019-04-14 at 20.20.02.jpeg  WhatsApp Image 2019-04-14 at 20.20.02(2).jpeg

Advertisements

TRABALLO MOI DOCE, OU NON?

TRABALLO DE NUTRICIÓN EN 3º DA ESO

Bioloxía e xeoloxía 3º ESO

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía de terceiro da ESO estúdase a anatomía e a fisioloxía do corpo humano e foméntanse hábitos saudables para contribuír ao mantemento da saúde. O segundo tema aborda a nutrición. Ao longo deste, o alumnado familiarizouse cos diferentes tipos de nutrientes, a función que estes desempeñan no noso organismo e como unha dieta correcta (completa, equilibrada e variada) contribúe ao mantemento da saúde. Fíxose especial fincapé nos azucres simples, visualizaron o documental “Bañado en azucre”, unha produción canadense de 2015 dirixida por Michèle Hozer, e traballaron coa App SinAzucar.org. O documental achegounos a unha realidade: o exceso de azucre é case universal e produce enfermidades. O emprego da aplicación permitiulles comprobar, dun xeito práctico, o exceso de azucre que conteñen moitos alimentos que forman parte da súa dieta. A reacción do alumnado ante esta evidencia non foi unánime: hainos que van seguir consumindo eses produtos pero con menos frecuencia, os que teñen o firme propósito de prescindir deses alimentos e buscar alternativas más saudables e tamén os que non teñen intención de mudar os seus hábitos.

Nova visita proposta polo concello de Oleiros: ZUMBAAAA

Durante os meses de outubro e novembro os grupos de 2º da ESO e 3º da ESO visitaron a instalación deportiva de Dorneda.

Durante unha hora coñecemos e desfrutamos da actividade de zumba, impartida por un monitor. Ademais, para rematar a visita entramos nas diferentes salas de traballo da instalación para ver que é iso do spinning, da sala de musculación…

Velaí vai unha proba do que estamos a contar

 

Actividade acuática

O luns 21 de maio en horario de 10.30-13.20 horas, o alumnado de 1ºA de bacharelato fixo unha actividade de natación e de Waterpolo na piscina do Inef.
Saímos do instituto ás 10.30 h e fomos andando ata as instalacións do Inef, despois dunha visita aos arredores, accedemos ás instalacións . Catro alumnos e alumnas da clase dirixiron a actividade que lles resultou moi atractiva e interesante aos compañeiros. Pasámolo moi ben, sobre todo no partido de Waterpolo.

 

Workshop sobre “Bailes sociais”

Organizado pola Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros, e coa colaboración da compañía Exire, levouse a cabo unha Workshop sobre a cultura do Hip-hop e a súa creación. Fixémolo para conmemorar a proximidade do día internacional da danza.
Esta vez centráronse nos “Bailes sociais”, tema que trataron moi por encima o ano pasado cando achegaron a danza dentro da Cultura Hip hop dende os seus inicios ata a actualidade. Hai máis de 60 bailes sociais e cada un ten un nome específico e continúan a crearse. Os bailes sociais dentro da cultura hip hop son pasos que se realizan en comunidade, en quedadas, en festas… que teñen a súa orixe na rúa e na sociedade dende a mesma orixe da cultura a finais dos anos 60. Nestes obradoiros profundizaron nalgúns deles, creando un clima de aprendizaxe, mais tamén de diálogo e comunicación bailada, de festa, na que todos/as compartiron un pouco da cultura hip hop.
O Día Internacional da Danza é o 29 de Abril dende 1982, día que se estableceu polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro da Unesco.
Lugar: Ximnasio do IES María Casares
Data: Mércores 25 de abril.
Horario: 10.10-11.20 h Cursos: 4ºD, 4ºC .
Horario: 11.20-12.30 h. Cursos : 4ºB, 4ºB.