Os xogadores do Leyma Basket Coruña KYLE CHRISTIAN ROWLEY, JOAN CREUS CUSTODIO, JAVIER LUCAS BLASCO e JUSTIN LAMONT JOHNSON visitaron esta semana o noso Instituto.
Con esta visita, o Club quere axudar á formación dos máis novos a través do exemplo dos xogadores do Leyma Coruña, xa que a pesar das moitas horas que dedicaron na súa vida ao baloncesto non descoidaron os seus estudos, sendo boa parte deles licenciados e diplomados en diversas disciplinas. Isto convérteos nun bo modelo para o alumnado, que deste xeito coñecen de primeira man as súas experiencias deportivas e de superación persoal, as súas diferentes nacionalidades, idiomas e culturas, circunstancias todas elas que poderían parecer un hándicap para a convivencia pero, pola contra, son unha fonte de aprendizaxe, de enriquecemento persoal e de respecto.
A segunda parte da visita dedicouse a compartir xogos no pavillón do centro, como mellor mostra de que o deporte é fonte de saúde e de crecemento nos valores sociais para a convivencia e a igualdade.
Finalmente, todos os participantes recibiron unha entrada para o seguinte partido do Leyma Coruña en Riazor. Cada unha desas entradas de público infantil dá dereito a retirar unha máis en despacho de billetes o día do partido, ben de adulto ou ben outra para menores de 18 anos.
Tamén o podedes ver no seguinte enlace da páxina web do instituto
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmariacasares/node/1203
VISITA DO EQUIPO LEYMA BASQUET CORUÑA