Workshop sobre a cultura do Hip-hop

Organizado pola Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros levouse a cabo unha Workshop sobre a cultura do Hip-hop e a súa creación coa proximidade do día internacional da danza o 29 de Abril.

Nesta actividade pretendeuse achegar a danza, dentro da cultura Hip-hop, desde os seus inicios ata a actualidade, dándolle a coñecer ao alumnado os diferentes estilos que foron xurdindo. A explicación foi acompañada con exemplos prácticos onde o alumnado foi partícipe desde o primeiro segundo.

A actividade foi impartida polas bailarinas Alba Fernández e Estefanía Gómez, docentes e coreógrafas de danza urbana e contemporánea.

O Día Internacional da Danza é o 29 de Abril dende 1982, día que se estableceu polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro da Unesco.

Lugar: ximnasio do I.E.S. María Casares

Data: Xoves 27 de abril.

Horario: 10.10-11.20 h Cursos: 4ºA, 4ºC e alumnado de intercambio de Hamburgo.

Horario: 11.20-12.30 h. Cursos : 4ºB-4ºD.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s