Canoa e batel.

Primeira saída co alumnado de 1ª ESO. O concello de Oleiros en colaboración co Clube Regatas Salgado-Perillo, convidounos a unha sesión para coñecer e practicar canoa e batel. Saímos ás 9:20, camiñamos uns cantos quilómetros e traballamos duro.

Despois de carretar o material e remar nos kaiak en parellas e nas embarcacións en grupos de catro, algúns aínda tiveron gañas de darse un baño.

Está claro que o alumnado de primeiro da ESO vén pisando forte, mirade que fotos. Pasámolo moi ben. MOITAS GRAZAS!!! 

FAI + DEPORTE, GAÑA VIDA

Comenzamos un novo curso (2017/2018) e un novo Proxecto Deportivo de Centro, co título: FAI + DEPORTE, GAÑA VIDA. Engadimos un + ó título do proxecto do curso pasado buscando facer e coñecer:

+ Deportes

+ Sobre a nosa saúde

+ Sobre alimentación

+ Sobre o noso Concello

+ Recreos activos

+ Saídas culturais/deportivas

+ Lingua

+ Aplicar o que aprendemos en mate nas rutas da natureza ,….

+++++++

E sumar tamén cada vez a:

+ Alumnado.

+ Profesorado.

Iremos publicando as diferentes novas e actividades a través deste blogue que é a nosa canle de comunicación.

As primeras, esperamos que de moitas, actividades conxuntas foron, a corrección deste texto polo alumnado e en colaboración co departamento de galego; a posta a punto do blogue polo departamento de matemáticas; e a posta en marcha dos recreos activos polo departamento de educación físicaAdemáis pronto veremos o que están a “cociñar” dende o de Bioloxía.

Parece que vai ser un ano movidiño…