Sendeirismo e kaiak polo Eume

Este curso o Concello de Oleiros propúxonos unha actividade novidosa para o alumnado de 1º de bacharelato: 7 km de ruta e 2 horas de kayak

No primeiro trimestre foron os cursos de 1ºA e 1ºB, mais debido a causas meteorolóxicas o alumnado dos outros primeiros non irán ata finais do segundo trimestre.

As Fragas do Eume é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. Dentro das súas 9.000 hectáreas de extensión viven menos de 500 persoas, o que dá unha idea do estado virxe destes exuberantes bosques que seguen o curso do río Eume.

A ruta de sendeirismo didáctica polo interior das Fragas foi de  7 km e explicáronnos a flora e fauna da zona.Despois de comer déronnos unha clase rápida de como remar en kaiak e fixemos un recorrido polo río Eume que finalizamos cun mergullo  no embarcadoiro de Eiras.

A SEDE OLÍMPICA DO MARÍA CASARES SERÁ…

E moi difícil recoller nun mural o traballo realizado durante un trimestre.

Primeiro xuntamos moitas materias: Xeografía e historia, Educación Plástica, educación física, e algún máis que colaborou….

Os rapaces de terceiro da ESO por grupos presentaron unha sede olímpica concursando entre eles. Para facelo tiveron en conta un montón de datos relevantes relacionados coa materia de Xeografía e Historia, unha mascota traballada na materia de Educación plástica.

A continuación un resumo dos traballos presentados:

E os finalistas e o gañador: MIAMI 2032

WhatsApp Image 2019-06-21 at 13.31.01.jpeg