XOGOS TRADICIONAIS

Todos os anos o alumnado de 1º o 2º da ESO participan nunha xornada de xogos populares, supervisada por monitores e material proporcionado polo CONCELLO DE OLEIROS. Neste curso tocaron aros, ra, zancos, peóns e chave.

Aquí queda una mostra do ben que o pasamos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

RUGBY

Durante unha semana desfrutamos da visita dunha xogadora do CRAT, equipo de rugby da cidadade da Coruña. Queremos agradecerlle a Marta as súas explicacións e paciencia.

Houbo varias sesións prácticas para 1º e 2º da ESO. Aprendemos a xogar e valorar este deporte dende outro punto de vista pero sobre todo practicamos deporte e pasámolo ben.

Por se alguén o dubida aí tedes unha proba:

E por se alguén quere xogar:

scsz

ATLETISMO

Durante este trimestre os grupos de 1º e 3º da ESO traballaron este deporte, concretamente as disciplinas de relevos (4×100 e 4×400), lanzamento de peso e marcha.

Partimos de cero en primeiro e intentamos evolucionar en terceiro no que a coñecementos e dominio técnico se refire.

Para finalizar a unidade, realizamos unha visita á pista de atletismo do INEF Galicia (Facultade de Ciencias da  Actividade Física e o Deporte) que nos cederon amable e gratuitamente as súas instalacions para poder desenvolver  unha práctica en situación real de competición.

Para poder aprender máis e mellor contamos coa axuda de profesionais deste deporte que puxeron á nosa  disposición a súa experiencia e coñecementos. Grazas ao Club Atletismo Sada (CAS) polos adestradores que nos axudaron a ver en condicions reais as probas realizadas en clase e alguna máis, pois  tamén practicamos lonxitude.

De forma moi resumida contamos a experiencia:

O luns 27 de novembro de 4.30 a 6:00  dous adestradores do CAS traballaron con 3º ESO B tres probas: lanzamento de peso, salto de lonxitude e relevos (4×100).

Ao  principio dúas voltas de quentamento parecían moi longas pero rápido se animaron e realizaron bons saltos, onde evolucionaron moi rápido. Lanzaron correctamente, coñecendo o regulamento e a propia instalación (diferente ás liñas e conos que poñemos no pavillón), por último e a proba máis emocionante: o 4×100 podendo correr todo o grupo á vez e por rúas na pista. Quedaron con ganas de máis.

O xoves 30 de novembro de 12.30 a 2:00 cinco adestradores do CAS traballaron cos catro grupos de 1º da ESO, máis de 90 nenos dos cales, solo uns poucos coñecían a pista ao ser do  concello, moi poucos entraran.

Realizamos 4 probas: intentamos marchar (o que parece fácil ás veces é o máis difícil), saltamos lonxitude, lanzamos peso e realizamos o ansiado 4×100.

Conseguimos ver as famosas zonas de entrega, saída e chegada na pista, e todos aseguraron chegar moi cansos.

Os obxetivos de:

  • Coñecer a instalación deportiva que forma parte da súa contorna.
  • Aproximarnos de forma real ó deporte practicado no instituto.
  • Coñecer un club no que podemos practicar este deporte. E que é o club dalgúns compañeiros: http://clubatletismosada.com/wp/
  • Mellorar en coñecementos e tecnicamente nas disciplinas atléticas traballadas.

Deixamos algunhas fotos para o recordo.

Reiteramos o agradecimento ó INEF e o CAS por facelo posible .

Programa complementario de E.F.: Actividade de iniciación a Remo e Kaiak.

Durante o mes de outubro do curso escolar 2016/2017 cada un dos 4 grupos de 1º da ESO do IES María Casares tiveron a oportunidade de realizar no Centro Deportivo A Fábrica unha actividade de iniciación a Remo e a Kaiak. O itinerario da actividade foi o seguinte:

a) Saida do centro ás 9.30 h.

b) Percorrido andando ata o Centro Deportivo A Fábrica que dista do IES uns 3 km.

c) Sesión de 3 horas de iniciación a Remo e a Kaiak.

d) Regreso ao instituto andando.

Esta actividade está integrada no programa complementario de Educación Física para centros escolares organizado polo Concello de Oleiros. Consiste en incorporar á materia de E. F. actividades que o centro non podería realizar por si mesmo.

Antes de ensinarvos as fotos da actividade gustaríanos agradecer a colaboración do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Oleiros, que facilitou material e puxo a disposición do centro transporte no caso de inclemencias meteorolóxicas, e aos monitores que dirixiron a actividade. Agora si as fotos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.